|

30/01/1998
Xusto Rodríguez, investigador de la Universidade de Santiago de Compostela
sobre el grado de conocimiento que los usuarios de la lengua gallega
en contextos técnicos y científicos tienen de la terminología existente
en este idioma y sobre la calidad de los materiales a disposición
de esos usuarios, pretende recabar información al respecto por medio
de dos cuestionarios. El primero, dirigido a los autores de repertorios
terminográficos en lengua gallega; el otro, a los productores de términos
que no realizan trabajo terminográfico de manera sistemática (traductores,
investigadores, docentes, planificadores lingüísticos).
Quisiera recibir
todo tipo de sugerencias de participantes en Termilat sobre el contenido,
enfoque, ordenación de estos dos cuestionarios, escritos, por cierto,
en gallego. Debido a su tamaño, en este envío va el primero de estos
cuestionarios, en otro, en seguida, el segundo. Tras cada cuestionario,
la dirección de Xusto.
CUESTIONARIO PARA
AUTORES DE MATERIAL TERMINOGRÁFICO
I.- VIDA PROFESIONAL
(A información que se obteña neste apartado seranos de gran utilidade
á hora de clasificar en función da súa área de traballo ou do seu
labor profesional ou científico os cuestionarios que vaiamos recibindo.
Nembargantes, se considera que non debe contestar algunhas das preguntas,
por favor, cubra só aquelas que considere oportunas.)
1. Idade:
_ - de 30 anos _ 30-40 anos _ 40-50 anos _ + de 50 anos
2. ¿Cal é a súa
formación académica (titulación)?
.....................................................................
3. ¿Cal é a súa
profesión?
.......................................................
4. ¿Traballa pola
súa conta, ou nalgunha entidade pública ou privada?
_ Pola miña conta. (Pase á pregunta 6.)
_ Nunha entidade. (¿En cal?
................................................................)
5. ¿Ocupa algún
cargo dentro desa entidade? (P. ex. xefe de estudios, xefe de redacción,
director de área...)
_ Si (¿Cal?
...............................................................)
_ Non
6. Área de especialidade
na que encadraría o seu traballo:
................................................
7. ¿Ocupa algún
cargo nalgunha organización profesional ou científica da súa área?
(P. ex. colexio, asociación, academia, instituto de investigación...)
_ Si (¿Cal/es?
................................................................
...............................................)
_ Non
8. Modo de contacto:
tfno.: .......................;
fax:..........................; correo electrónico:...........................................
II.- OBRAS ELABORADAS,
INICIATIVAS E PROBLEMAS
9. ¿En que vocabularios ou diccionarios especializados participou
vostede?
1
............................................................................
2
............................................................................
3
............................................................................
4.
............................................................................
10. ¿Fíxoo como
lingüista ou como especialista nun tema concreto?
_ Como lingüista
_ Como especialista nun tema
_ Como as dúas cousas
11. ¿Con que ferramentas
informáticas contou durante a elaboración deses traballos?
_ Con ningunha.
_ Cun programa de procesamento de textos .
_ Cunha táboa de base de datos.
_ Cun corpus informatizado de textos de especialidade.
_ Cunha base de datos terminográfica (¿Con cal?
..................................................................)
_ Con outra. (¿Con cal?
.............................................................)
12. ¿Quen promoveu
a súa realización? (Escolla só o máis importante.)
_ A Xunta de Galicia
_ Unha universidade (¿Cal?
..........................................)
_ Unha academia (da lingua, das ciencias...) (¿Cal?
.......................................................................)
_ Outra institución pública (concellos, fundacións...) (¿Cal?
........................................................................)
_ Unha entidade privada (colexios profesionais, asociacións, editoriais...)
(¿Cal? ........................................)
_ Eu mesmo ou outras persoas particulares
13. ¿Quen financiou
a súa publicación? (Escolla só o máis importante.)
_ A Xunta de Galicia
_ Unha universidade (¿Cal?
.........................................................)
_ Unha academia (da lingua, das ciencias...) (¿Cal?
...................................................................................)
_ Outra institución pública (concellos, fundacións...) (¿Cal?
........................................................................)
_ Unha entidade privada (colexios profesionais, asociacións, editoriais...)
(¿Cal? ........................................)
_ Persoas concretas (científicos, traductores, empresarios...)
14. ¿Recibiu vostede
algún tipo de formación académica sobre como elaborar vocabularios
ou diccionarios especializados, ou formouse de xeito autodidacta?
_ Recibín formación académica.
(¿Cal?
.................................................................)
_ Son autodidacta.
_ De ningunha das maneiras, non teño coñecementos sobre eses aspectos.
15. Valore a importancia
dos problemas con que se atopa en cada un dos seguintes aspectos.
(1 nada importantes; 2 pouco; 3 algo; 4 bastante; 5 moi importantes)
__ Os pasos establecidos internacionalmente no proceso de elaboración
de vocabularios ou diccionarios.
__ A área especializada sobre a que se vai traballar.
__ O proceso de elaboración ou de escolla de nomes técnicos galegos.
__ O aproveitamento dos materiais especializados da área sobre a que
se vai traballar.
__ O aproveitamento dos recursos tecnolóxicos ó meu alcance (Internet,
corpus, redes...).
16. ¿Que importancia
cre que van ter os problemas relacionados co léxico científico no
desenvolvemento futuro do galego?
_ Ningunha _ Pouca _ Algunha _ Bastante _ Moita
III.- A BIBLIOGRAFÍA:
CALIDADE E ACCESO A ELA
17. Como apoio para a elaboración do/s diccionario/s ou vocabulario/s,
¿canta bibliografía manexou?
_ - de 10 obras _ Entre 10 e 20 _ Entre 20 e 30 _ Máis de 30 _ + de
40
18. ¿Empregou bibliografía
en galego?
_ Si _ Non (Pase á pregunta 21.)
19. ¿De que maneira
descubriu a súa existencia? (Escolla só a máis frecuente.)
_ A través das campañas de difusión das organizacións que os elaboraron.
_ Consultando os catálogos das distintas casas editoras.
_ Consultando en organismos de investigación lingüística ou en centros
de documentación.
_ A través do boca a boca.
_ Por casualidade, nunha librería.
_ Doutra maneira. (¿De cal?
.................................................)
20. ¿De que maneira
conseguiu facerse con ela? (Escolla só a máis frecuente.)
_ Mercándoa nas librerías.
_ As organizacións editoras enviáronme de balde a bibliografía que
solicitei.
_ As organizacións editoras enviárona directamente ó meu centro de
traballo
ou a un colectivo do que formo parte.
_ Tiven que fotocopiala, pois era imposible de atopar.
_ Doutra maneira. (¿De cal?
.....................................................................)
21. ¿Por que razón
non empregou bibliografía en galego?
_ Non me parecía axeitada. _ Non a coñecía. _ Non existía.
22. ¿Está vostede
de acordo coas seguintes afirmacións referidas ós diccionarios e vocabularios
técnicos en galego? (Se non está de acordo,
márqueas cun 0. Se si está, márqueas de 1 a 5 en función da importancia
que cada problema ten neles: 1 nada importante; 2 pouco; 3 algo; 4
bastante; 5 moi importante.)
__ Non seguen criterios internacionalmente aceptados para realizar
este tipo de traballos.
__ Son moi xerais, non entran en áreas realmente especializadas.
__ Inclúen pouca información (en moitos casos só a equivalencia
galego-castelán).
__ Hai contradiccións entre as propostas duns e doutros.
__ Publicítanse pouco e non son doados de atopar.
__ Outro (¿Cal?
.....................................................................)
23. Na súa opinión,
a calidade xeral deses materiais é...
_ Baixa _ Media-baixa _ Media _ Media-alta _ Alta
IV.- A FIABILIDADE
DOS TERMOS RECOLLIDOS NOS MATERIAIS
24. ¿En que casos utilizaría o nome galego que aparece nun diccionario
ou nun vocabulario, aínda que persoalmente non lle parecera adecuado?
(Escolla todas as que considere pertinentes.)
_ Nunca.
_ Se aparece nun traballo con valor normativo.
_ Se o traballo está editado por unha entidade que me merece confianza.
_ Se o traballo está realizado por uns autores que me merecen confianza.
_ Se a outros colegas ou compañeiros lles parece adecuada.
_ Sempre.
_ Noutro caso (¿En cal?
..............................................................)
25. Clasifique as
seguintes entidades en función da confianza que lle merezan os diccionarios
e vocabularios que elas editen. (1 na que máis confíe; 9 na que menos
confíe).
__ A Dirección Xeral de Política Lingüística
__ A Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
__ A Real Academia Galega
__ O Instituto da Lingua Galega (ILG)
__ O Centro Ramón Piñeiro
__ Os servicios de normalización lingüística das universidades
__ Os servicios de normalización lingüística dos concellos
__ As entidades privadas (asociacións, editoriais...)
__ Outra (¿Cal?
..............................................................)
V.- A ELABORACIÓN
E A SELECCIÓN DOS NOMES GALEGOS
26. ¿Cales dos seguintes procedementos de elaboración de termos se
deberían usar máis, cales menos e cales manterse na proporción actual?
(Marque cun 1 os que se deberían usar máis, cun 2 os que se deberían
usar menos, e cun 3 os que se deberían usar como ata agora.)
__ Seguir criterios estables á hora de escoller un novo nome técnico.
__ Usar palabras que xa existen en galego. (P. ex. CICLISMO: arrincada
final -galego- / sprint -inglés-)
__ Aceptar as palabras do inglés. (P. ex. PINTURA: dripping -galego-
/ dripping -inglés-)
__ Adaptar graficamente as palabras do inglés. (P. ex. rosbif -galego-
/ roast beef -inglés-)
__ Traducir as palabras do inglés. (P. ex. MEDICINA: tensión -galego-
/
stress -inglés-)
__ Aceptar as palabras do castelán. (P. ex. banderilla -galego- /
banderilla -castelán-)
__ Traducir as palabras do castelán. (P. ex. TENIS: morte súpeta -galego-
/ muerte súbita -castelán-)
__ Adaptar graficamente as palabras do portugués.
__ Aceptar as palabras máis usadas nos textos especializados en galego.
__ Ter en conta características lingüísticas que facilitan o uso das
palabras.
27. ¿En qué casos
aceptaría palabras doutra lingua en vez de substituíla por un nome
galego (ben traducido, ou ben elaborado nesta lingua)? (Escolla todos
os que considere pertinentes.)
_ En ningún caso.
_ En certas áreas temáticas.
_ Se a denominación estranxeira está moi asentada no galego.
_ Cando a denominación estranxeira está asentada en todas as linguas
do noso arredor.
_ Cando o concepto que vén asociado a esa denominación é específico
dun medio social (p. ex. perestroika).
_ Cando o uso do nome galego pode orixinar problemas de comprensión
do concepto.
_ Noutro. (¿En cal?
.................................................................)
28. Clasifique os
seguintes métodos en función do axeitados que lle parecen para escoller
unha denominación galega entre varias existentes. (1 o máis axeitado;
8 o menos axeitado).
__ Empregar o nome que aparece nos diccionarios e vocabularios normativos.
__ Empregar o nome que aparece en calquera diccionario ou vocabulario.
__ Empregar o nome máis habitual no uso real.
__ Empregar o nome que eu considere máis apropiado.
__ Empregar o nome máis semellante ó do portugués.
__ Nas traduccións, empregar o nome máis semellante ó da lingua de
partida.
__ Empregar o nome que mellor describa o concepto que se nomea.
__ Outro (¿Cal?
................................................................)
29. ¿Está vostede
de acordo cos seguintes principios referidos ós métodos de elaboración
de diccionarios e vocabularios técnicos en galego? (Se non está de
acordo, márqueos cun 0. Se si está, márqueos de 1 a 5 en función da
importancia que lle dea ca cada un deles: 1 nada importante; 2 pouco;
3 algo; 4 bastante; 5 moi importante.)
__ Só se traballa en áreas científicas.
__ Pártese sempre de textos reais, analizando criticamente os termos
que neles aparecen.
__ A finalidade é buscar o equivalente galego dunha palabra noutro
idioma.
__ A finalidade é determinar os distintos significados dunha palabra
concreta.
__ É imprescindible a colaboración entre lingüistas e especialistas.
__ Dous nomes non poden remitir ó mesmo concepto.
__ As entradas deben estar clasificadas por áreas e non alfabeticamente.
__ Débense documentar sempre que se poida as fontes das que proceden
as denominacións.
__ Non se poden admitir palabras procedentes do inglés.
__ Non se poden admitir palabras procedentes do castelán.
VI.- A IMPLANTACIÓN
DOS NOMES GALEGOS
30. En xeral, as palabras técnicas que se están elaborando en galego
son...
_ Nada apropiadas _ Pouco apropiadas _ Algo apropiadas _ Bastante
apropiadas _ Moi apropiadas
31. ¿Cre que, por
regra xeral, estas palabras técnicas van acabar empregándose realmente
na comunicación científica e profesional en galego?
_ Si (Pase á pregunta 33.) _ Non
32. ¿Por que razón?
(Escolla as tres máis importantes.)
_ Porque os nomes galegos son, en xeral, moi longas.
_ Porque os nomes galegos non remiten con exactitude ó concepto.
_ Porque os nomes doutros idiomas son moito máis precisas.
_ Porque os nomes doutros idiomas soan mellor.
_ Porque a presión doutras linguas acaba impoñendo os nomes deles.
_ Porque os usuarios especializados non os coñecen.
_ Porque os supostos usuarios non teñen ningún interese en empregalos.
_ Outra (¿Cal?
..................................................................)
33. ¿Que importancia
tería cada unha das seguintes medidas para favorecer que os nomes
elaborados para o galego se usen realmente? (1 ningunha; 2 pouca;
3 algunha; 4 bastante; 5 moita)
__ Formar a especialistas e traductores sobre cómo elaborar termos
termos precisos e axeitados para ser usados.
__ Redactar leis que obriguen a usar os nomes técnicos galegos en
vez dos estranxeiros.
__ Elaborar máis diccionarios e vocabularios.
__ Potenciar o uso dos nomes galegos nos medios de comunicación en
galego.
__ Potenciar o uso do galego no mundo científico e empresarial.
__ Potenciar un organismo que decida os termos galegos normativos
e se encargue da súa difusión.
__ Outra (¿Cal?
..............................................)
VII.- A DIFUSIÓN
DO SEU TRABALLO
34. ¿De que maneira se difundiu a obra na que vostede traballou? (Escolla
todas as que considere pertinentes.)
_ A organización editora atendeu de balde as peticións que lle chegaron.
_ A organización editora distribuíuna nos centros de ensino ou entre
os membros dun colectivo.
_ A organización editora distribuíuna a través das librerías.
_ Distribuíuse dentro dunha publicación máis ampla (revista, actas
de congresos...).
_ Distribuíuse en soporte informático (disquete, CD-ROM) ou a través
da rede Internet.
_ Doutro xeito. (¿De cal?
..................................................)
_ Non o sei.
35. ¿Que medidas
tomaría para mellorar a difusión que en Galicia se fai dos diccionarios
e vocabularios especializados? (Escolla as tres máis relevantes, marcando
como 1 a máis importante e como 3 a menos importante.)
__ Realizar campañas de información entre os potenciais usuarios.
__ Ofrecer servicios de información individualizada sobre materiais
ou
necesidades concretas.
__ Regalar eses materiais no canto de vendelos.
__ Editalos en novos soportes (disquete, CD-ROM) ou en novos sistemas
de comunicación (Internet).
__ Ningunha, a difusión é a adecuada.
__ Outra cousa (¿Cal?
..............................................................)
VIII.- NECESIDADES
36. Clasifique os seguintes grupos de necesidades segundo a gravidade
dos problemas que en relación coa terminoloxía se lle presentan ou
presentaron.
(1 o máis importante e 4 o menos importante)
__ Necesidades de materiais
__ Necesidades de formación
__ Necesidades de servicios
__ Outras (¿Cales?
..............................................................)
37. ¿En que medida
o dispoñer de cada un destes materiais lle facilitaría a elaboración
de diccionarios e vocabularios especializados? (1 nada; 2 pouco; 3
algo; 4 bastante; 5 moito)
__ Unha metodoloxía clara do traballo terminolóxico.
__ Criterios lingüísticos sobre aspectos relevantes (tratamento de
préstamos, de neoloxismos...).
__ Ferramentas informáticas para almacenar e elaborar termos galegos.
__ Bancos de datos con termos galegos accesibles a través do CD-ROM,
de Internet, etc.
__ Corpus informático de textos especializados que serve como fonte
de termos.
__ Diccionarios ou vocabularios de áreas próximas á que vostede estudiou.
__ Outro. (¿Cal? ................................................)
38. ¿En que medida
o recibir cursos ou outra formación sobre cada un destes temas lle
facilitaría a elaboración de diccionarios ou vocabularios
especializados? (1 nada; 2 pouco; 3 algo; 4 bastante; 5 moito)
__ Sobre o/s tema/s en que usa o galego técnico.
__ Sobre os pasos e criterios que seguir para elaborar glosarios,
diccionarios e vocabularios.
__ Sobre os pasos e criterios que seguir para elaborar termos galegos.
__ Sobre como aproveitar os materiais especializados da/s área/s en
que uso o galego técnico.
__ Sobre cómo aproveitar os novos recursos tecnolóxicos (Internet,
corpus, redes...).
__ Outro. (¿Cal? ..............................................................)
39. ¿En que medida
o dispoñer de cada un destes servicios lle facilitaría a elaboración
de diccionarios ou vocabularios especializados? (1 nada; 2
pouco; 3 algo; 4 bastante; 5 moito)
__ Organización de grupos de traballo que elaboren os termos dunha
especialidade concreta.
__ Información sobre diccionarios, vocabularios ou bancos de datos
en
distintas linguas.
__ Servicio de consulta e difusión da terminoloxía galega.
__ Elaboración de corpus de documentos especializados que serven de
fontes de extracción de termos.
__ Servicio que dera valor normativo ós nomes galegos de determinados
conceptos.
__ Centro que se encargara de coordinar todas as iniciativas relacionadas
coa terminoloxía galega.
__ Outro (¿Cal? .....................................................)
40. ¿Que importancia
ten o papel que lles debe corresponder ás seguintes institucións e
colectivos á hora de cubrir as necesidades devanditas? (1 ningunha;
2 pouca; 3 algunha; 4 bastante; 5 moita)
__ Xunta de Galicia
__ As universidades
__ As academias (da lingua, das ciencias...)
__ Outras institucións públicas (concellos, centros de investigación,
fundacións...)
__ Entidades privadas (colexios profesionais, asociacións diversas,
empresas, editoriais...)
__ Persoas concretas (científicos, traductores, empresarios...)
41. Valore agora
o grao de cumprimento real do papel que teoricamente deberían xogar.
(1 ningún cumprimento; 2 pouco; 3 algún; 4 bastante; 5 moito)
__ Xunta de Galicia
__ As universidades
__ As academias (da lingua, das ciencias...)
__ Outras institucións públicas (concellos, centros de investigación,
fundacións...)
__ Entidades privadas (colexios profesionais, asociacións diversas,
empresas, editoriais...)
__ Persoas concretas (científicos, traductores, empresarios...)
---------------------------------------------------------
Xusto A. Rodríguez
Río
Dpto. de Filoloxía Galega Tfno.:+34 +81 563100 ext. 11830
Facultade de Filoloxía Fax:+34 +81 547114
Univ. de Santiago de Compostela Correo el.: xustorod@usc.es
Avda. Castelao s/n, 15704
Santiago de Compostela
GALICIA (ESPAÑA)
|